Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2018 Páx. 24132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 2 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador PO-RES-2017-098 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos, por resultar descoñecido o seu destinatario ou tentada dúas veces as notificacións estas no se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Mª Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 2 de maio de 2018

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado por

PO-RES-2017-098

Alconte Vigo, S.L.

Acordo de incoación

O xefe territorial

PO-RES-2018-003

Héctor Morais Fernández

Acordo de Incoación

O xefe territorial

PO-RES-2017-022

Emiliano García García

Resolución

O xefe territorial

PO-RES-2017-041

West K Vigo, S.L.

Resolución

O xefe territorial

PO-RES-2017-045

Reciclajes Miño, S.L.

Resolución

O xefe territorial

PO-RES-2017-126

Paloma Jiménez Jiménez

Acordo de incoación

O xefe territorial