De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 19 de abril de 2018 relativa á modificación substancial na planta de elaboración de forxados, no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense), promovido pola empresa Cie Galfor, S.A.U. (clave do expediente 2017/0060).
Este informe pódese consultar na ligazón http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2018
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático