Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2018 Páx. 24115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución de arquivamento das solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2017/00342 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o arquivamento da súa solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As resolucións relacionadas están á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalas no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que no esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 13 de abril de 2018

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/pasaporte

AC-2017/00342

Natalia Villaverde Díaz

Rubén Ricardo Ocampo Tizón

32678610A

32839226X

AC-2017/00355

José Barbosa Pérez

Marilanda Rodríguez Merán

Y3174707P

32127931J

AC-2017/00442

Micaela Ayelen Emanuele

Juan Jesús de la Peña Gómez

Y3582503Z

45953912G

AC-2017/00468

María Isabel Grovas Ramos

Franz Luef

35323238E

X5285423T

AC-2017/00485

Vivian Omonigho Omonigho

Collins Méndez

51294106N

A07146183