Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2018 Páx. 24108

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 72/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 72/2018, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa López Gómez, Francisco, sobre reclamación de cantidade, foi ditada a sentenza número 12/2018 do 17 de abril de 2018, pola que se admite a demanda presentada, contra a cal non cabe interpor ningún recurso. O texto íntegro da sentenza está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa López Gómez, Francisco, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza