Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2018 Páx. 24007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2018 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de servizo de limpeza das dependencias de Augas de Galicia en Santiago de Compostela e Vigo, non suxeitos a regulación harmonizada.

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través da http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Tipo de contrato: administrativo de servizo.

Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito á regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto dos contratos: servizo.

a) Descrición: limpeza das dependencias de Augas de Galicia en Santiago de Compostela.

Número de expediente: OH.915.1140.

CPV (referencia de nomenclatura): 90919200-4.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 218, do 16 de novembro de 2017.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 158.970,10 euros. Importe total: 192.353,82 euros.

Data de adxudicación: 22 de febreiro de 2018.

Importe de adxudicación. Importe neto: 144.000,00 euros. Importe total: 174.240,00 euros.

Data de formalización do contrato: 13 de abril de 2018.

Contratista: Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, S.L.

b) Descrición: limpeza das dependencias de Augas de Galicia na zona hidrográfica Galicia-Sur, Vigo (Pontevedra).

Número de expediente: OH.936.1138.

CPV (referencia de nomenclatura): 90919200-4.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 246, do 29 de decembro de 2017.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 39.992,70 euros. Importe total: 48.391,17 euros.

Data de adxudicación: 6 de marzo de 2018.

Importe de adxudicación. Importe neto: 36.390,00 euros. Importe total: 44.031,90 euros.

Data de formalización do contrato: 13 de abril de 2018.

Contratista: Gallega de Proyectos y Servicios, S.L.

3. Outras informacións:

A adxudicación dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia