Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 11 de maio de 2018 Páx. 23999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con discapacidade intelectual nos concellos de Vigo e limítrofes (Gondomar, Nigrán, Mos, O Porriño e Redondela), mediante tramitación documentalmente simplificada (expediente PA 54-2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación por procedemento aberto da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con discapacidade intelectual nos concellos de Vigo e limítrofes (Gondomar, Nigrán, Mos, O Porriño e Redondela).Tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 54-2017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=223354

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con discapacidade intelectual nos concellos de Vigo e limítrofes.

c) CPV: 85320000 servizos sociais.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 11 de decembro de 2017.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 250.689,60 € (IVE incluído).

1.5. Formalización:

a) Fecha: 20.4.2018.

b) Contratista: Asociación Galega San Francisco.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 153.517,88 (exento IVE).

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social