De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, cítase a persoa interesada (indicada no anexo) para que sexa notificada, por comparecencia, do acordo de inicio do expediente 162/2017-CO.
O xefe provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (AGI) da Coruña emitiu o acordo de inicio do expediente de reclamación de danos ao dominio público viario.
A persoa interesada poderá comparecer, para coñecer o texto íntegro, no prazo de dez (10) días que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A notificación do acordo deberase recoller na sede da Xefatura Provincial da AGI da Coruña (sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Logo de transcorrer o dito prazo sen que a persoa interesada comparecese, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao último día do prazo fixado.
A Coruña, 23 de abril de 2018
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña
ANEXO
Persoa interesada: Diego Jesús Baqueiro Ces.