Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a formalización do servizo de xestión de refugallos non perigosos correspondentes á clase II refugallos non domésticos, específicos e non específicos da actividade sanitaria, xerados nos centros sanitarios (expediente AB-EIS1-17-067).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIS1-17-067.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de xestión (recollida selectiva, transporte e tratamento) de residuos asimilables a urbanos (clase II) e outros residuos urbanos (clase I), xerados nos centros da Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) Lotes (de ser o caso): tres (3) lotes.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90524400-0.

e) Acordo marco (se procede):

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 20 de novembro de 2017, Boletín Oficial del Estado do 21 de novembro de 2017 e Diario Oficial de la Unión Europea do 4 de novembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 474.463,97 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 215.665,44 euros. Importe total: 237.231,98 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7.3.2018 (lotes 2 e 3) e 6.4.2018 (lote 1).

b) Data de formalización do contrato: 1.4.2018 (lote 2).

c) Contratista: Cogami Reciclados de Galicia, S.L. (lote 2).

d) Importe ou canon de adxudicación. Lote 2: importe neto: 13.920,00 euros; importe total: 15.312,00 euros.

e) Lotes 1 e 3 desertos.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase a resolución no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2018

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela