Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 9 de maio de 2018 Páx. 23821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2017085AM-OU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 6 de marzo de 2018, a instrutora do expediente sancionador 2017085AM-OU formulou a proposta de resolución a Seindra Mantementos, S.L.U. (CIF: B-32467912), con enderezo na avenida Manuel Quiroga, 70, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Intentada a notificación desta proposta segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Seindra Mantementos, S.L.U. (CIF: B-32467912), con enderezo na avenida Manuel Quiroga, 70, O Barco de Valdeorras (Ourense), o contido da referida proposta de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte á publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, no seu caso, copia do mesmo, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do expediente ten dereito a que se lle apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 18 de abril de 2018

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2017085AM-OU.

Interesada: Seindra Mantementos, S.L.U.

DNI/NIF/CIF: B-32467912.

Último enderezo coñecido: avenida Manuel Quiroga, 70, 32300 Barco de Valdeorras (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria:

Real decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnicos sanitarios das pìscinas.

Sanción proposta: novecentos euros (900 €).