Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2018 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución das obras públicas hidráulicas que se citan non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciadas nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria da licitación.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto dos contratos: obra.

a) Descrición: saneamento e depuración en Ferrón-Suareixa-O Piñeiro. Sober (Lugo).

Número de expediente: OH.327.631.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 125, do 3 de xullo de 2017.

Orzamento base de licitación: importe neto: 317.510,33 euros. Importe total: 384.187,50 euros.

Data de adxudicación: 2 de xaneiro de 2018.

Importe de adxudicación: importe neto: 243.054,16 euros. Importe total: 294.095,53 euros.

Data de formalización do contrato: 6 de abril de 2018.

Contratista: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

b) Descrición: saneamento no lugar de Sirves, parroquia de Olveira. Ribeira (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1116.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 162, do 28 de agosto de 2017.

Orzamento base de licitación: importe neto: 182.027,32 euros. Importe total: 220.253,06 euros.

Data de adxudicación: 28 de decembro de 2017.

Importe de adxudicación: importe neto: 130.732 euros. Importe total: 158.185,72 euros.

Data de formalización do contrato: 6 de abril de 2018.

Contratista: Vipeca, Obras y Servicios, S.L.

c) Descrición: saneamento en Covelo-A Costa. Coirós (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1117.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 162, do 28 de agosto de 2017.

Orzamento base de licitación: importe neto: 160.932,30 euros. Importe total: 194.728,08 euros.

Data de adxudicación: 29 de decembro de 2017.

Importe de adxudicación: importe neto: 113.296,34 euros. Importe total: 137.088,57 euros.

Data de formalización do contrato: 6 de abril de 2018.

Contratista: Servitec Medioambiente, S.L.

d) Descrición: captación e rede de distribución nas parroquias de Cortes e San Xoán de Loio. Paradela (Lugo).

Número de expediente: OH.227.548.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8, 45252126-7.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 188, do 3 de outubro de 2017.

Orzamento base de licitación: importe neto: 289.256,20 euros. Importe total: 350.000 euros.

Data de adxudicación: 22 de febreiro de 2018.

Importe de adxudicación: importe neto: 214.136,36 euros. Importe total: 259.105 euros.

Data de formalización do contrato: 11 de abril de 2018.

Contratista: Obras y Saneamientos Galicia, S.L.

e) Descrición: renovación da rede de abastecemento en Río Covo. Cervo (Lugo).

Número de expediente: OH.227.663.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 188, do 3 de outubro de 2017.

Orzamento base de licitación: importe neto: 164.294,35 euros. Importe total: 198.796,16 euros.

Data de adxudicación: 20 de febreiro de 2018.

Importe de adxudicación: importe neto: 115.153,91 euros. Importe total: 139.336,23 euros.

Data de formalización do contrato: 11 de abril de 2018.

Contratista: Hordescon, S.L.

f) Descrición: melloras na estación depuradora de augas residuais de Oímbra. Oímbra (Ourense).

Número de expediente: OH.332.819.

CPV (referencia de nomenclatura): 45259900-6.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 196, do 16 de outubro de 2017.

Orzamento base de licitación: importe neto: 146.808,17 euros. Importe total: 177.637,89 euros.

Data de adxudicación: 21 de febreiro de 2018.

Importe de adxudicación: importe neto: 112.807,40 euros. Importe total: 136.496,95 euros.

Data de formalización do contrato: 12 de abril de 2018.

Contratista: Petrolam Infraestructuras, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de Desenvolvemento Rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

O 25 % restante do gasto elexible cofinanciarase por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %.

4. Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme ao disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018

Presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia