Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23686

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección de dúas prazas de persoal.

A directora xerente do Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de dúas prazas de persoal para os proxectos CIVIL UAV e MARRISK:

Proxecto CIVIL UAV: un titulado superior.

Proxecto MARRISK: un enxeñeiro técnico.

As bases están expostas na sede do Cetmar, sita na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (http://www.cetmar.org/ofertas-de-traballo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de maio de 2018

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar