Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 8 de maio de 2018 Páx. 23666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente na vixilancia e seguridade no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), por tramitación anticipada de gasto e procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Cultura, Centro Galego de Arte Contemporánea.

c) Número de expediente: CU/CGAC/17-SE.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=245048

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo consistente na vixilancia e seguridade no Centro Galego de Arte Contemporánea.

c) División por lotes e número: non.

d) CPV: 79710000-4. Servizos de seguridade.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 15.1.2018 e 29.1.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria non suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto e anticipado de gasto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 227.113,28 euros.

Importe total: 274.807,07 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 13.3.2018.

b) Data de formalización do contrato: 15.3.2018.

c) Contratista: Protección y Seguridad Técnica, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 215.900,26 euros.

Importe total: 261.239,31 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria