Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23468

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2018 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas á dixitalización Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante a Resolución do 21 de decembro de 2017 (DOG núm. 245, do 28 de decembro), publicáronse as bases reguladoras das axudas á dixitalización Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e procedeuse á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2018, por trámite anticipado de gasto.

O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 12 das ditas bases reguladoras está analizando as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que carecen dalgún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 12.2 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

Os requirimentos obxecto desta resolución non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes cuxos expedientes deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Habilitar un prazo de dez (10) días naturais para que os requiridos accedan á oficina virtual do Igape desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), no enderezo www.tramita.igape.es, utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para acceder ao requirimento individualizado de emenda. Entenderase rexeitado cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición do requirimento sen que se acceda ao seu contido.

Terceiro. Establécese un prazo de dez días hábiles para achegar a documentación sinalada, contados a partir do día hábil seguinte ao do acceso ao requirimento individualizado, ou a partir do día en que se puxo á súa disposición no caso de non acceder ao seu contido.

Cuarto. De acordo co disposto no artigo 12.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, terase por desistido na súa petición o solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita Lei 39/2015.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. de expediente

Titular do expediente

NIF

IG240.2018.1.3

Textisa Coruñesa, S.L.U.

B15751761

IG240.2018.1.4

Seaquarz, Polígono industrial As Lagoas. Estrada de Cedeira, km 2, 15570 Narón

B70339593

IG240.2018.1.6

Prótesis Odontoestomatológica, S.L.

B32199655

IG240.2018.1.9

Suministros San Ciprián, S.L.

B27261627

IG240.2018.1.11

Sociedad Cooperativa Agraria de Meiras Limitada

F15013915

IG240.2018.1.14

Maderas Paco Cacharolo, S.L.

B32282493

IG240.2018.1.17

Drogas Vigo, S.L.

B36030179

IG240.2018.1.19

Mecanizados Rodríguez Fernández, S.L.

B32015315

IG240.2018.1.21

Viveros Guimarey, S.L.

B15583230

IG240.2018.1.23

Sinerxia Plus Consultora, S.L.

B27743897

IG240.2018.1.24

Parqueweb Informática a Medida, S.L.

B24422578

IG240.2018.1.27

Maderas Segade Camino, S.L.

B15817372

IG240.2018.1.29

Mecalia-Metalúrgica y Calderería, S.L.

B36188449

IG240.2018.1.34

Artesanos Peyma, S.L.

B32403651

IG240.2018.1.44

K-Ppel Profesional, S.L.

B36880136

IG240.2018.1.45

Software Investiments & Development, S.L.

B27815356

IG240.2018.1.46

Aceuve Mantenimiento, S.L.

B36754471

IG240.2018.1.48

Distribucciones Castro Casado, S.L.

B32013351

IG240.2018.1.49

Obras Decoración y Frío, S.L.

B36630895

IG240.2018.1.50

Disul Montaje Industrial, S.L.

B36500593

IG240.2018.1.51

Uniter Etiquetas, S.L.

B15682933

IG240.2018.1.52

Ditec. Ingeniería de Diseño Industrial, S.L.

B36850915

IG240.2018.1.53

Comercial Bastos, S.L.

B36630085

IG240.2018.1.54

Central Electrodomésticos del Noroeste, S.L.

B15371222

IG240.2018.1.55

Icma Sistemas, S.L.

B36874600

IG240.2018.1.56

Movelco Mobility, S.L.

B27784248

IG240.2018.1.59

Little Electric Car España, S.L.

B27743251

IG240.2018.1.62

Carpintería Metálica Galanas, S.L.

B15328750

IG240.2018.1.63

Ingeniería y Fabricación del Norte, S.L.

B94163433

IG240.2018.1.64

Electricidad y Contratas Edison Galicia, S.L.

B36222917

IG240.2018.1.65

Diseño y Mecanizados I.H.G., S.L.

B27820844

IG240.2018.1.66

Previsonor, S.L.

B36336535

IG240.2018.1.67

Isonor Quality, S.L.

B36275519

IG240.2018.1.68

Lopdat Protección de Datos, S.L.

B70124607

IG240.2018.1.70

Tecdisma, S.L.

B36385664

IG240.2018.1.72

Ac Systems Atlantic, S.L.U.

B27724327

IG240.2018.1.76

Galmetec, S.L.

B27834530

IG240.2018.1.77

Sketch System, S.L.

B15535271

IG240.2018.1.78

Gssi Security Systems, S.L.

B32452914

IG240.2018.1.79

Viña Costeira, S.C.G.

F32002230

IG240.2018.1.80

Valdeconsa, S.L.

B32299885

IG240.2018.1.81

Dispositivos Gallegos de Precisión, S.L.

B36642890

IG240.2018.1.82

Industrias Ferri, S.A.

A36610129

IG240.2018.1.84

Gisva, S.A.

A15077027

IG240.2018.1.85

Hijos de Roberto Fuerte, S.L.

B36216638

IG240.2018.1.86

Embalajes Armando, S.L.

B36664084

IG240.2018.1.87

Roviño 5, S.L.

B36857092

IG240.2018.1.88

Mecadoba, S.L.

B36990257

IG240.2018.1.89

Paralelo 43, 01, S.L.

B27342153

IG240.2018.1.90

Elmantec Salvaterra, S.L.

B36491934

IG240.2018.1.91

Vagalume Energía, S.L.

B94056470

IG240.2018.1.92

Ultraconfort, S.L.

B36019834

IG240.2018.1.93

Scm Multiservicios Controler, S.L.

B94097755

IG240.2018.1.95

Faz Cultura, Desenvolvemento, Innovación, S.L.

B70334719

IG240.2018.1.96

Hormigones de Boiro, S.L.

B15350382

IG240.2018.1.97

Hoteles Encantados, S.L.

B15711336

IG240.2018.1.98

Berenguela Producciones, S.L.

B70223474

IG240.2018.1.100

Viloria, S.A.

A15021074

IG240.2018.1.101

Galicianet Servicios Tecnológicos y Comunicación, S.L.

B15909732

IG240.2018.1.102

Ebam Salud, S.L.

B94010881

IG240.2018.1.103

Almacenes Generales R. Andrade, S.L.

B27804087

IG240.2018.1.104

Izmar, S.L.

B36654598

IG240.2018.1.105

Integral Health Care, S.L.

B94138906

IG240.2018.1.106

Isofil Componentes y Accesorios, S.L.U.

B27800192

IG240.2018.1.107

Social Blue Markets, S.L.

B27775097

IG240.2018.1.108

Fernández Requejo, Iván

34956578M