De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación será a que determine a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Coruña sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.
A Coruña, 23 de abril de 2018
Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: MON-CO-0130/2014-V.
Denunciada: Penacoforestal Eucalyptus, S.L.
Acto de notificación: imposición da décimo primeira multa coercitiva.
Expediente: MON-CO-0197/2015-DIS.
Denunciado: Manuel Rodríguez Vérez.
Acto de notificación: imposición da décima multa coercitiva.