Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 13 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS613B (expediente 2017/1123-0).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible efectuar a notificación da resolución ditada no expediente que se relaciona no anexo por causas non imputables á Administración, logo de intentar a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase a persoa interesada que se sinala no dito anexo para que compareza para ter coñecemento íntegro e constancia da dita resolución.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Coordinación de Procesos da Subdirección Xeral de Dependencia e Valoración da Discapacidade, na Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, situado en Santiago de Compostela no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes desde a notificación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses desde a notificación, ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xuridición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2018

Fabiola García Martínez
Directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Nº de expediente

Datos do interesado

Acto que se notifica

Data do acto

BS613B 2017/1123-0

Varela Iglesias Ana Isabel

Resolución de denegación da axuda

12.12.2017