Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente tramitado por esta entidade 2007/202/27.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución ditada pola xefa territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar a notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio desta.

O expediente está á disposición da persoa interesada, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, na rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para ter coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non o facer, se terá por notificada.

A persoa interesada ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra a resolución ditada no expediente, a cal é definitiva en vía administrativa, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 27 de febrero de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2007/202/27.

Persoa interesada: Yurany Macías Tabares.

Enderezo actual: rúa Galicia, 55-1º B, CP 27002 Lugo.

a) Asunto: Resolución do 18 de xaneiro de 2018.

Efectos: derivación a recursos.

b) Asunto: Resolución do 22 de xaneiro de 2018.

Efectos: asunción de medida administrativa e recurso.