Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 4 de maio de 2018 Páx. 23272

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5113/2017-RMR).

Secretaria: Sra. Bazarra Varela-RMR

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 5113/2017

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 966/2014. Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Rubén Martínez Domínguez

Avogado: Manuel Castro Fernández

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Tecnología de la Construcción, S.A. (Teconsa), Corsan-Corviam, Construcción, S.A., Axencia Estatal de Administración Tributaria, Copcisa, S.A., Peri Sociedad Anónima Unipersonal, Cubafer S.L., Landro Albañilería, S.L., administración concursal de Tecnología de la Construcción (Deloitte Abogados), administración concursal Cubafer (Aticus Ocaña Martín), UTE Lavacolla

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social, letrado/a da Tesouraría da Seguridade Social, Leonardo Navarro Ibiza, Francisco Pertusa Pérez

Procuradora: Beatriz Castro Álvarez

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5113/2017 seguido por instancia de Rubén Martínez Domínguez contra Peri Sociedad Anónima Unipersonal y Otros, sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Rubén Martínez Domínguez contra a Sentenza do 27 de xuño de 2017, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela no procedemento número 966-2014, sobre recarga por falta de medidas de seguridade, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano del.

Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Tecnología de la Construcción, Estructuras Cubafer e Landro Albañilería, todas en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de marzo de 2018

A letrada da Administración de xustiza