Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 4 de maio de 2018 Páx. 23333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de abril de 2018 pola que se notifica a resolución do recurso interposto no expediente IU1/150/2012-C1R1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 7 de marzo de 2018, ditou resolución pola cal non se admite por extemporáneo o recurso potestativo de reposición interposto por Juan Marcos Traba Canosa contra a Resolución do director da Axencia, do 6 de novembro de 2017, pola que se lle impón unha multa coercitiva en relación coas obras levadas a cabo no lugar da Barcia, Mar de Fóra, no concello de Fisterra, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística