Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 4 de maio de 2018 Páx. 23319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de abril de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican a varios propietarios da concentración parcelaria de Broño-A Pena-Landeira (Negreira), a toma de posesión provisional dos predios de substitución da devandita zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e despois de intentada dúas veces a notificación persoal, ponse en coñecemento dos propietarios da zona de concentración parcelaria de Broño-A Pena-Landeira (Negreira-A Coruña) que se relacionan no anexo, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), a toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona.

O prazo para a presentación das reclamacións por superficie comezarase a contar, para os interesados que se mencionan no anexo, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

«En cumprimento do disposto polo artigo 37 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, notifícolle que o director xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar, con data do 16 de abril de 2018, a toma de posesión provisional dos predios resultantes do proceso de concentración parcelaria da zona de Broño-A Pena-Landeira (Negreira-A Coruña), na que figura vostede como propietario.

As datas para tomar posesión dos predios son as seguintes:

1. Para terreos de prado, pasteiro, labradío sen colleita e monte, o día 16 de abril de 2018.

2. Para os restantes terreos, no momento, no que segundo o costume, se retiren as colleitas actuais.

Importante: a data límite para a retirada do arboredo é o día 16.10.2018, debendo contarse co preceptivo permiso do Servizo de Montes e o informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza, no caso de especies autóctonas protexidas.

No prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da recepción da presente notificación, poderá reclamar por defecto de superficie nos predios a vostede atribuídos, xuntando unha medición pericial asinada por técnico competente, sobre diferenzas de superficie superiores a unha marxe de tolerancia variable entre a medición in situ e a que conste no boletín de atribucións dos novos predios, conforme o disposto no antedito artigo 37.

As persoas propietarias das parcelas de achega deben permitir aos titulares dos novos predios o acceso a estes para proceder no prazo dos dous meses arriba sinalado, á medición destas.

Debe terse en conta que:

1. A falta de superficie dun predio non será compensada cando exista exceso de superficie no conxunto dos predios atribuídos ao mesmo propietario, e este sexa suficiente para compensar en valor de puntuación o conxunto das atribucións.

2. A falta de superficie en terreos de núcleo rural (total ou parcialmente) será compensada nesta mesma clase. No caso de non existir dispoñible terreo deste tipo e o mesmo titular ter exceso de superficie en terreos doutra clase, a compensación farase sobre os ditos terreos.

3. Non se admitirá reclamación no caso de que o predio obxecto desta coincida exactamente, na súa delimitación cartográfica, coa parcela achegada polo mesmo titular.

4. Impedir ou obstaculizar a toma de posesión é considerada unha infracción moi grave (artigo 90 da Lei 4/2015) sancionada con multa de 1.501 a 6.000 euros.

5. Sen prexuízo do indicado no punto anterior, a toma de posesión poderá darse, logo de apercibimento, mediante compulsión directa sobre a/s persoa/s que a impidan.

6. Os planos do acordo e as coordenadas dos marcos están accesibles na internet na páxina web da Consellería do Medio Rural no enderezo:

http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/concentracions_parcelarias/publicacions

A Coruña, 1 de febreiro de 2018. A xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Ana Arizón Fanlo».

A Coruña, 20 de abril de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesados:

Almozara Suárez, Alfonso

Almozara Suárez, Bautista

Almozara Suárez, Francisco

Ardións Carballo, Plácido

Ardións López, Rosa

Ardións Rey, Benedicta

Ardións Silva, Carmen

Ardións Suárez, Manuel

Armando Vilas Cobas, S.L.

Arosa Barreiro, José

Arosa Souto, Eusebio

Baña Caamaño, María

Baña Malvárez, Hermelinda

Baña Malvárez, Manuel

Baña Val, Carmen

Baña Val, Jesús

Barca Blanco, Josefa

Barca Currais, María Soledad

Barreiro Rey, Marcelino

Blanco Sande, Hilda

Brenlla Canelas, Juan

Brenlla Grille, María Manuela Paz

Busto Álvarez, Blandina

Busto Álvarez, Manuel

Busto Álvarez, Manuela

Busto Tomé, Gabriel

Caamaño Ardións, Manuel

Caamaño Sanmartín, Matilde Celia

Camiño Ardións, Rafael

Camiño Carballo, Inés

Camiño Mejuto, Flora

Cancela Pais, Dorandino

Carballo Baña, Jacinto

Carballo Barca, Jaime

Carballo Carballo, Agapito Amable

Carballo Carballo, Clara

Carballo López, Ángela

Carballo López, Carmen

Carballo López, Juan

Carballo Pais, Josefa

Carnota Parga, Manuel

Carnota Sande, Andrés

Casais de Oliveira, Ana Cristina

Casais García, José María

Castro Gómez, Domingo

Cobas González, Nieves

Cobas Tomé, María Isabel

Currais Barcia, Mercedes

Currais Hernández, Juana

Currais Tuñas, María

Dopazo Carballo, Domingo

Dopazo Carballo, Lourdes

Dopazo Carballo, Marina

Dopazo Carballo, Teresa

Ferreiro Ardións, José Antonio

Ferreiro Ardións, Manuel

Ferreiro Forján, Gonzalo

Ferreiro Forján, María Adelaida

Ferreiro Forján, Patricia

Ferreiro Forján, Ricardo

Ferreiro Forján, Simone

Ferreiro Pensado, José

Ferreiro Rial, Camilo

Fuentes Mira, José

García Baña, Antonio

García Baña, Balbina

García Baña, Celia

García Baña, Eva

García Baña, Manuel

García Camiño, Darío

García Camiño, Manuel

García Ríos, Faustino

García Sande, Bernardo

González Tomé, Ramón

Gorgal Pérez, Manuel

Grille Neo, Carmen

Jallas Cobas, Victoria

Leis Ardións, Severino

Leis Barreiro, Florentino

Leis Barreiro, Isolino

Leis Barreiro, Manuel

Leis Suárez, Manuel

Leis Teiga, Argentina

Lens Fuentes, Gerardo

Lens Fuentes, José Francisco

Lens Fuentes, María Carmen

Lens Fuentes, María Nieves

Lens Fuentes, María Sandra

Liñares Capeáns, Esther

Liñares Capeáns, María

Lois Rodríguez, María Preciosa

López Carballo, Isolino

López Carballo, José

López Carballo, Manuel

López López, Amalia

Lourido Ardións, Flora

Mancebo Blanco, María Isabel

Manteiga Brenlla, María

Manteiga González, Albino

Manteiga López, Ángel

Mayo Brenlla, Sofía

Mosquera Grauss, Marco Arturo

Muñiz Pensado, Encarnación

Muñiz Pensado, José

Oroña Leis, Josefa

Outeiro Villar, Manuel

Outeiro Villar, María del Carmen

Outeiro Villar, María Rosa

Pais López, Rosa

Pais, Manuel

Parga Carnota, Daniel

Pazos Mayo, José Antonio

Pena Ruso, Dalia

Pensado Casais, Berta

Pensado Casais, Victoria

Pensado Currais, José

Pensado Currais, María

Pensado Recarey, Jaime

Pensado Recarey, José Manuel

Rey Ardións-Silva, Hermosinda

Rey Cuba, Pilar

Rey García, Pilar

Ríos Tuñas, Carmen

Ríos Tuñas, Esther

Riveiro Camiño, Obdulia

Rojo Forján, Celestino

Rojo Forján, Lourdes

Rojo García, Ricardo

Rojo Sanmartín, Manuela

Sanandrés Fuentes, Elba

Sande García, Argentino

Sande García, María Olimpia

Sande Pérez, Inmaculada

Sande Riveiro, Ángel

Sande Rojo, Manuel

Sande Sande, Belarmino

Sande Tuñas, Esther

Sande Tuñas, Joventina

Sande Tuñas, María Orentina

Sanmartín Currais, María

Sanmartín Tomé, José

Serrano Rial, Rosa

Souto Tuñas, Carlos

Souto Tuñas, José María

Suárez Cobas, Emilio

Suárez Cobas, Primitiva

Suárez García, Constantino

Suárez García, Leandro

Suárez García, Manuel

Suárez Pais, José

Suárez Pais, Marina

Suárez Pais, Miguel Ángel

Suárez-Vence Santiso, Antonio

Teiga Fernández, Ángel Ramón

Teiga Fernández, Rosa

Telefónica Móviles España, S.A.

Tomé Cantorna, Celestino

Tomé Guzmán, Manuel

Tomé López, Rosa Dora

Trillo Outeiro, Antonio José

Tuñas Riveiro, Rosa

Tuñas Tomé, Julio

Vidal Caamaño, José

Vidal Caamaño, Manuel

Vieites Carnota, Dorinda

Vieites Carnota, María Carmen

Villar Calo, Enrique

Villar Calo, Jesús Elisardo

Villar Calo, José Manuel

Villar Calo, María Cruz

Villar Casais, Carmen

Villar Manteiga, Manuel