Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 4 de maio de 2018 Páx. 23313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de abril de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de proposta de resolución do expediente IN635C 2017/99-1 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, os interesados son informados de que o expediente está á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, no Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 23 de abril de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN635C 2017/99-1.

Interesada: Fabricación de Portas do Noroeste.

CIF: B70033758.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Concello: Culleredo.

Expediente: IN635C 2017/115-1.

Interesado: Ver_PDF.

CIF: Ver_PDF.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Expediente: IN635C 2017/121-1.

Interesada: Climanosa, S.L.

CIF: B15945934.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Concello: Arteixo.

Expediente: IN635C 2017/125-1.

Interesado: Alejandro Rodríguez Pedreira.

CIF: 47357686L.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Concello: A Coruña.