Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 4 de maio de 2018 Páx. 23364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 12 de abril de 2018, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente P-043/14.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 12 de abril de 2018

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-043/14.

Persoas interesadas: Aurelio Blanco Amil e Carmen Carrera Viéitez.

DNI: ...124L e ...223G.

Asunto: requirimento en relación co expediente de construción PO-92/010, conta 11.