Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 22940

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (procedemento SI427A).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2018, a través da Resolución do 29 de decembro de 2017 (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018), subvencións destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para levar a cabo programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que respondan a algún dos seguintes tipos:

a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade.

b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas subvencións ten un cofinanciamento do 80 % dos fondos FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Resolución do 29 de decembro de 2017, e no artigo 8 determínase a documentación que se deberá xuntar ao anexo da solicitude. Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro de dita resolución de convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 11 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, tamén se indica que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, os citados requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 8.6 da Resolución do 29 de decembro de 2017, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal ou do teléfono indicado no artigo 24 da resolución de convocatoria (981 54 53 69).

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2018

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Nº de expediente

SI427A

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2018/000001-0

Axuda, Atende e Acolle (Axatac)

G70442561

1. Anexo II.

2. Anexos IV dos/das profesionais adscritos/as ao programa que vaian desenvolver tarefas vinculadas coa atención directa a usuarias, describindo de forma concreta as ditas tarefas de atención e computando exclusivamente as horas dedicadas a estas tarefas.

3. Anexo III: no presentado, a temporalización do programa excede o período subvencionable e as actuacións que compoñen o programa non están descritas de forma precisa.

2018/000005-0

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (Apico)

G94088549

1. Nos anexos IV inclúense tarefas non relacionadas coa atención a usuarias (actividades de coordinación, organización e difusión), polo que deberán presentar novos anexos IV en que se indiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa (artigo 5.5 e 6.1.a) da convocatoria) e, de ser o caso, modificar o número de horas declaradas computando exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.

2. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que se terá en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (ata 1.935 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2018/000007-0

Asociación de Viudas María Andrea

G32014334

1. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que se terá en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (ata 1.075 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2018/000008-0

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

1. Anexo III (o presentado está sen asinar).

2018/000009-0

Alume Saúde Mental

G27198977

1. Anexos IV: os presentados non se corresponden co modelo normalizado da convocatoria 2018 e no anexo IV correspondente ao posto de Dirección/psicóloga clínica inclúense tarefas non relacionadas coa atención directa a usuarias.

2018/000010-0

Asociación Down Ourense

G32311870

1. Anexo II (no presentado non está cuberta a epígrafe «Denominación do programa»).

2. Anexos IV (os presentados non se corresponden co modelo normalizado da convocatoria 2018).

2018/000014-0

Mulleres en Igualdade de Burela

G27441153

1. Para os efectos de valoración da solicitude, aclaración sobre a localización territorial do programa, relacionando os concellos onde se van desenvolver as actuacións, xa que non o indicaron no anexo III.

2018/000015-0

ONG Mestura

G15940414

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non é coincidente nos anexos I e II.

2. Anexo III debidamente cuberto en todas as súas epígrafes (ademais, deberán especificar o/os colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa de acordo coa disposición adicional única da convocatoria).

2018/000017-0

Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol

G15458060

1. Anexo III: a memoria do programa debe presentarse obrigatoriamente no modelo normalizado do anexo III (a memoria complementaria que se presente só é válida para os efectos de ampliar a información contida no anexo III, non para substituílo).

2018/000018-0

Aspnais-Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo

G27018365

1. As tarefas que desenvolve o profesional que ocupa o posto de Dirección-xerencia non están relacionadas coa atención a usuarias, polo que non se poden ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable (artigo 5.5 e 6.1.a) da convocatoria), agás que presenten unha aclaración ou, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2018/000023-0

Asociación de Axuda ao Toxicómano Érguete

G36642726

1. Anexos IV: nas fichas correspondentes aos postos de traballo de educadora social e pedagoga o período de dedicación ao programa indicado (1.10.2017-30.9.2018) excede o período de desenvolvemento do programa que consta no anexo III (1.11.2017-30.9.2018), polo que deberán presentar novos anexos corrixindo este dato e, de ser o caso, computando exclusivamente as horas dentro do período correspondente.

2018/000024-0

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que esta é distinta da designada no RUEPSS.

2. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que se terá en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (ata 1.720 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2018/000025-0

Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

G27262799

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que esta é distinta á designada no RUEPSS.

2018/000026-0

Asociación Redmadre Coruña

G70180229

1. Anexo IV (o presentado non se corresponde co modelo normalizado da convocatoria 2018).

2018/000027-0

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg)

G15068091

1. Anexo III: a memoria do programa debe presentarse obrigatoriamente no modelo normalizado do anexo III (a memoria complementaria que se presente só é válida para os efectos de ampliar a información contida no anexo III, non para substituílo).

2018/000029-0

Asociación Punto Delas-Secretaría das Mulleres

G70370119

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non é coincidente nos anexos I e II.

2. Para os efectos de valoración da solicitude, aclaración sobre a localización territorial do programa, relacionando os concellos onde se van desenvolver as actuacións, non as comarcas.

2018/000031-0

Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos

G32369696

1. Anexos IV dos/das profesionais adscritos/as ao programa que vaian desenvolver tarefas vinculadas coa atención directa a usuarias, describindo de forma concreta as ditas tarefas de atención e computando exclusivamente as horas dedicadas a estas tarefas.

2018/000033-0

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

G15476310

1. Anexo II.

2. Para os efectos de valoración da solicitude, aclaración sobre a localización territorial do programa, relacionando os concellos onde se van desenvolver as actuacións.

3. Os/as profesionais que van participar na execución do programa relacionados/as no anexo III non coinciden coas fichas individualizadas dos/as profesionais (anexos IV) presentadas, polo que deberán presentar unha aclaración e, de ser o caso, unha corrección ao respecto.

2018/000034-0

Fundación Ronsel

G15752660

1. Dado que un dos profesionais está vinculado coa entidade (director/xerente), deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo esta contratación, indicando os motivos que a xustifican e se se realiza de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia).

2. Anexos IV: nos presentados o dato introducido no campo «Tipo de vinculación» non é o que se exixe e o número total de horas non está no formato exixido, polo que deberán presentar novos anexos IV debidamente cubertos.

2018/000035-0

Asociación Amicos

G15747678

1. Para os efectos de valoración da solicitude, aclaración sobre a localización territorial do programa, relacionando os concellos onde se van desenvolver as actuacións, non as comarcas.

2018/000037-0

Asociación Educando en Familia

G27437581

1. Aclaración sobre o/s colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa, xa que solicitan a axuda para un programa de recursos integrais para mulleres xestantes ou lactantes e no anexo III constan outros colectivos.

2018/000038-0

Federación Alzheimer Galicia

G15656739

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Anexo II (o presentado está sen asinar).

3. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non é coincidente nos anexos I e II.

4. Anexo III debidamente asinado.

5. As tarefas do posto de traballo de responsable de comunicación non están vinculadas coa atención directa a usuarias, polo que non son imputables para o cálculo do gasto subvencionable (artigo 5.5 e 6.1.a) da convocatoria), agás que presenten unha aclaración ou, se é o caso, unha corrección ao respecto.

6. Nos anexos IV correspondentes aos restantes postos de traballo inclúense tarefas non relacionadas coa atención directa a usuarias, polo que deberán presentar novos anexos IV nos que se indiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa (artigo 5.5 e 6.1.a) da convocatoria) e, de ser o caso, modificar o número de horas declaradas computando exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.

2018/000040-0

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro)

G32237869

1. Para os efectos de valoración da solicitude, aclaración sobre a localización territorial do programa, relacionando os concellos onde se van desenvolver as actuacións, xa que non o indicaron no anexo III.

2018/000041-0

Asociación Íntegro das Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte

G15173263

1. Anexo II (no presentado non está cuberta a contía solicitada).

2. Aclaración sobre o período de desenvolvemento do programa, xa que o indicado no anexo III é incoherente.

3. Anexos IV correspondentes aos postos de traballo de terapeutas ocupacionais (nos presentados o período de dedicación ao programa é incoherente).

2018/000043-0

Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT Galicia)

G15383011

1. Anexo II debidamente asinado.

2. Anexo IV (no presentado o número total de horas é ilexible e non está no formato exixido).

2018/000044-0

Cáritas Diocesana de Santiago-Interparroquial A Coruña

R1500053B

1. Anexo II (no presentado os datos da persoa secretaria da entidade non coinciden coa persoa que asina como secretaria).

2. Aclaración sobre o período de desenvolvemento do programa, xa que o indicado no anexo III excede o período subvencionable da convocatoria.

3. No anexo IV inclúense tarefas non vinculadas coa atención directa a usuarias, polo que deberán presentar novo anexo IV en que se indiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa (artigo 5.5 e 6.1.a) da convocatoria) e, de ser o caso, modificar o número de horas declaradas computando exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.

2018/000046-0

Down Pontevedra Xuntos

G36164887

1. Anexo III debidamente cuberto en todas as suas epígrafes (no presentado falta a relación dos/das profesionais que van participar directamente na execución do programa).

2018/000047-0

Asociación de Mulleres Arandeira

G32261679

1. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que se terá en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (ata 559 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2018/000048-0

Fundación Juansoñador

G24452435

1. Acreditación de que a entidade ten domicilio social ou delegación en Galicia (artigo 4.1.b).

2. Anexo II (o presentado está sen asinar e a contía solicitada non coincide coa indicada no anexo I).

3. Anexos IV: deberán presentar un anexo por cada un dos/das profesionais adscritos/as ao programa que vaian desenvolver tarefas vinculadas coa atención directa a usuarias, describindo de forma concreta as ditas tarefas de atención e computando exclusivamente as horas dedicadas a estas tarefas.

2018/000049-0

Asociación Ámbar das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

1. Aclaración sobre o período de desenvolvemento do programa, xa que o indicado no anexo III excede o período subvencionable da convocatoria.

2. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que se terá en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (ata 688 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2018/000050-0

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

1. Aclaración sobre os/as profesionais que van participar directamente na execución do programa, xa que presentaron un anexo IV correspondente ao posto de traballo de asesora xurídica pero esta profesional non está relacionada no anexo III.

2. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que se terá en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (ata 1.118 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2018/000051-0

Saúde Mental Feafes Galicia

G15545353

1. Anexo II debidamente cuberto e asinado.

2. Certificación orixinal da secretaria da entidade, conformada pola persoa asinante da solicitude, acreditativa das asociacións e federacións integradas, especificando respecto de cada unha delas a denominación, o NIF e o número de socias e socios.

2018/000052-0

Ecos do Sur

G15354483

1. Anexo II (o presentado está sen asinar e a contía solicitada non coincide coa indicada no anexo I).

2018/000053-0

Asociación Síndrome de Down de Lugo

G27202043

1. Para os efectos de valoración da solicitude, aclaración sobre a localización territorial do programa, relacionando os concellos onde se van desenvolver as actuacións (non os concellos de onde proceden as usuarias), xa que non o indicaron nin no anexo III nin na memoria complementaria.

2018/000054-0

Asociación Labregas

G15945686

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non é coincidente nos anexos I e II.

2. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que se terá en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (ata 2.795 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

3. A certificación presentada acreditativa da colaboración coa Administración pública non corresponde á entidade solicitante.

2018/000055-0

Federación de Asociacións de Mulleres Anaral

G32362279

1. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que se terá en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (ata 1.118 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2018/000056-0

Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao

G15969868

1. Certificación orixinal da secretaria da entidade, conformada pola persoa asinante da solicitude, acreditativa das asociacións e federacións integradas, especificando respecto de cada unha delas a denominación, o NIF e o número de socias e socios (a presentada está sen asinar).

2018/000057-0

Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca (Ammupesca)

G70490115

1. Anexo II (no presentado non está cuberta a epígrafe «Denominación do programa»).

2018/000058-0

Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos

G36797579

1. Aclaración sobre o/s colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa, xa que solicitan a axuda para un programa de recursos integrais para mulleres xestantes ou lactantes e no anexo III constan outros colectivos.

2. Aclaración sobre se o programa para o cal solicita a subvención se desenvolve nun centro ou piso de acollida en que se dea aloxamento e manutención ás usuarias ou na sede da fundación.

3. Dado que unha das profesionais está vinculada coa entidade (representante legal), deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo esta contratación, indicando os motivos que a xustifican e se se realiza de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia).

2018/000059-0

Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspas)

G15031537

1. Aclaración sobre o/s colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria.

2. Anexos IV: só presentaron 3 anexos dos 5 postos relacionados no anexo III e nos presentados falta o período de dedicación ao programa.

2018/000061-0

Asociación Menthor

G94151602

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que esta é distinta da designada no RUEPSS e a acta presentada non acredita esta representación.

2. Anexos IV: os presentados non se corresponden co modelo normalizado da convocatoria 2018, o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable da convocatoria e non están asinados pola representante legal da entidade.

3. Dado que as profesionais están vinculadas coa entidade, deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo estas contratacións, indicando os motivos que as xustifican e se se realizan de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia).

2018/000062-0

Asociación Redmadre Pontevedra

G27707686

1. Anexo II (no presentado non está cuberta a epígrafe «Denominación do programa»).

2018/000064-0

Patronato Concepción Arenal

G15030372

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non a indicaron no anexo I.

2. Dado que unha das profesionais está vinculada coa entidade (a persoa que actúa na súa representación), deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo esta contratación, indicando os motivos que a xustifican e se se realiza de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia).

3. Os/as profesionais que van participar na execución do programa relacionados/as no anexo III non coinciden coas fichas individualizadas dos/as profesionais (anexos IV) presentadas, polo que deberán presentar unha aclaración e, de ser o caso, unha corrección ao respecto.

2018/000065-0

Asociación Diversidades

G27783950

1. Anexo II debidamente cuberto e asinado (no presentado non consta a contía solicitada).

2018/000068-0

Down Vigo: Asociación para a Síndrome de Down

G36697324

1. Anexos IV (os presentados non se corresponden co modelo normalizado da convocatoria 2018).

2018/000069-0

Asociación Socioeducativa para la Educación (Aseduc)

G70067830

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Os/as profesionais que van participar na execución do programa relacionados/as no anexo III non coinciden coas fichas individualizadas dos/as profesionais (anexos IV) presentadas, polo que deberán presentar unha aclaración e, de ser o caso, unha corrección ao respecto.

3. Anexos IV: os presentados son incorrectos, xa que non se pode validar a sinatura electrónica da representante da entidade.

2018/000070-0

Almat, Asociación de Loita contra os Malos Tratos

G15717721

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que esta é distinta da designada no RUEPSS.

2. Anexo III: a memoria do programa debe presentarse obrigatoriamente no modelo normalizado do anexo III (a memoria complementaria que se presente só é válida para os efectos de ampliar a información contida no anexo III, non para substituílo).

3. No anexo IV inclúense tarefas non relacionadas coa atención directa a usuarias, polo que deberán presentar novo anexo IV en que se indiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa (artigo 5.5 e 6.1.a) da convocatoria) e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas computando exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.

4. Dado que a profesional está vinculada coa entidade (representante), deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo esta contratación, indicando os motivos que a xustifican e se se realiza de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia).

2018/000071-0

Asociación Penitenciaría Concepción Arenal

G27119809

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non a indicaron no anexo I.

2. Anexo II (no presentado non está cuberta a contía solicitada).

3. Anexos IV debidamente cubertos en todas as súas epígrafes (nos presentados non marcan o tipo de posto de traballo e/ou non consignan correctamente o tipo de vinculación).

2018/000073-0

Asociación de Empresarias de Galicia

G27826999

1. No anexo IV correspondente á coordinadora/pedagoga inclúense tarefas non relacionadas coa atención directa a usuarias, polo que deberán presentar novo anexo IV en que se indiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa (artigo 5.5 e 6.1.a) da convocatoria) e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas computando exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.

2. Dado que as profesionais están vinculadas coa entidade, deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo estas contratacións, indicando os motivos que as xustifican e se se realizan de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia), xa que a presentada non cumpre estes requisitos.

2018/000074-0

Acción Laboral

V09409749

1. Acreditación de que a entidade ten domicilio social ou delegación en Galicia (artigo 4.1.b).

2018/000076-0

Federación EFA Galicia

G15299357

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que non é coincidente nos anexos I e II.

2. Certificación orixinal do secretario da entidade, conformada pola persoa asinante da solicitude, acreditativa das asociacións e federacións integradas, especificando respecto de cada unha delas a denominación, o NIF e o número de socias e socios (a presentada non é válida por non conter todos os datos exixidos).

3. Anexos IV: nos presentados inclúense tarefas non vinculadas coa atención directa a usuarias, os períodos de dedicación ao programa exceden o período de desenvolvemento do programa indicado no anexo III e o tipo de vinculación coa entidade está mal cuberto, polo que deberán presentar novos anexos IV debidamente cubertos en que se indiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa (artigo 5.5 e 6.1.a) da convocatoria) e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas computando exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.

4. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que se terá en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (ata 1.720 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2018/000077-0

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

1. Anexo II (no presentado non está cuberta a epígrafe «Denominación do programa»).

2. As tarefas que desenvolve a profesional que ocupa o posto de coordinadora non están relacionadas coa atención a usuarias, polo que non se poden ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable (artigo 5.5 e 6.1.a) da convocatoria), agás que presenten unha aclaración ou, se é o caso, unha corrección ao respecto.

3. Os/as profesionais que van participar na execución do programa relacionados/as no anexo III non coinciden coas fichas individualizadas dos/as profesionais (anexos IV) presentadas, polo que deberán presentar unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2018/000078-0

Acadar. Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

G70223417

1. No anexo IV correspondente ao posto de traballo técnica/coordinadora inclúense tarefas non relacionadas coa atención directa a usuarias (coordinación do programa), polo que deberán presentar novo anexo IV en que se indiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa (artigo 5.5 e 6.1.a) da convocatoria) e, de ser o caso, modificar o número de horas declaradas computando exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.

2018/000079-0

Asociación Antonio Noche

G15210388

1. Aclaración sobre a contía solicitada.

2. Anexo II.

3. Anexos IV dos/as profesionais adscritos/as ao programa que vaian desenvolver tarefas vinculadas coa atención directa a usuarias, describindo de forma concreta as ditas tarefas de atención e computando exclusivamente as horas dedicadas a estas tarefas.

4. No anexo III indican que se xunta unha memoria complementaria, pero esta non se presentou.

2018/000080-0

Asociación de Ayuda y Atención al Preso de A Coruña

G15414667

1. Anexo II.

2. Anexo III debidamente cuberto e asinado (o presentado está sen cubrir).

3. Anexos IV dos/das profesionais adscritos/as ao programa que vaian desenvolver tarefas vinculadas coa atención directa a usuarias, describindo de forma concreta as ditas tarefas de atención e computando exclusivamente as horas dedicadas a estas tarefas.

2018/000081-0

Asociación de Mulleres Algueirada

G32354227

1. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que se terá en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (ata 1.118 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2018/000082-0

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

G27712306

1. Anexo II debidamente asinado pola secretaria e pola representante legal da entidade.

2. Anexos IV dos/as profesionais adscritos/as ao programa que vaian desenvolver tarefas vinculadas coa atención directa a usuarias, describindo de forma concreta as ditas tarefas de atención e computando exclusivamente as horas dedicadas a estas tarefas.