Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23007

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 26 de abril de 2018 pola que se modifica a Orde de 4 de abril de 2018 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente.

No DOG núm. 77, do 20 de abril de 2018, publicouse a Orde do 4 de abril pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.

Con motivo do incremento e/ou do cambio no perfil dalgunha das prazas recollidas no anexo III e a necesidade de corrección do epígrafe 4.4 do anexo II, cómpre modificar os ditos anexos e o prazo de presentación de solicitudes.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Modificación do anexo II

O punto 4.4 do anexo II queda redactado do seguinte xeito:

4.4. Pola impartición das actividades de formación indicadas no subpunto 4.2 e non baremadas no subpunto 4.2 (0,10 puntos por cada 3 horas de formación acreditadas): ata 1 punto.

Segundo. Modificación do anexo III

O anexo III da Orde do 4 de abril de 2018 modifícase nos seguintes termos:

Anexo III

Código do posto

Centro

Prazas

Localidade

Provincia

1514

15013643-CEIP Plurilingüe A Magdalena (2)

1 PT

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

1520

15032959-CEIP Vicente Otero Valcárcel (8)

1 PT

Carral

A Coruña

3206

32011755-CEIP Manuel Respino (6)

1 AL afín PT

A Rúa

Ourense

3601

36001148-CPI A Cañiza (6)

1 PT

A Cañiza

Pontevedra

3602

36001148-CPI A Cañiza (6)

1 AL
Requisito: coñecemento de linguaxe de signos

A Cañiza

Pontevedra

3609

36017201-CEE Pontevedra

1 EF

Pontevedra

Pontevedra

3610

36017201-CEE Pontevedra

1 EM

Pontevedra

Pontevedra

3611

36017201-CEE Pontevedra

1 AL

Pontevedra

Pontevedra

3612

36017201-CEE Pontevedra

2 PT

Pontevedra

Pontevedra

Terceiro.

O prazo de solicitudes amplíase dez (10) días hábiles, que comezará a computar desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria