BDNS (Identif.): 396328.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado o de grao en Comunicación, Humanidades e Ciencias Sociais, Documentación ou outras titulacións equivalentes, e que rematasen os seus estudos no curso académico 2010/11 ou posterior.
Segundo. Obxecto
Establecer as bases reguladoras e as condicións que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 19 de abril de 2018 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria.
Cuarto. Contía
Para este gasto habilitarase o crédito adecuado e suficiente por un importe máximo total de vinte e oito mil euros (28.000 €), que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.480.4, e que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos/das bolseiros/as e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. A contía mensual que percibirá cada bolseiro/a será de mil euros mensuais (1.000,00 euros).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de abril de 2018
Ramón Villares Paz
Presidente