Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 2 de maio de 2018 Páx. 22867

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (4298/2017).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4298/2017

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 663/2016 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrentes: Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61

Avogada: María Araceli Martínez Araújo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Carenaga, S.A.L., Govisa Ingeniería y Montajes, S.L., David Pérez González, Calor y Ambiente, S.L., administración concursal Govisa Ingeniería y Montajes, S.L. (Vicente Domínguez Munaiz)

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, María Jesús García Úbeda

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4298/2017 desta sección, seguidos por instancia de Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61 contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Carenaga, S.A.L., Govisa Ingeniería y Montajes, S.L., David Pérez González, Calor y Ambiente, S.L., administración concursal Govisa Ingeniería y Montajes, S.L. (Vicente Domínguez Munaiz), sobre accidente, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Fremap contra a sentenza do 4 de maio de 2017 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo no procedemento 663/2016 sobre accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carenaga, S.A.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza