Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 2 de maio de 2018 Páx. 22877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato, por procedemento aberto e tramitación anticipada de gasto, da dirección de obra relativa ás obras de restauración e mellora da envolvente térmica dos edificios do Complexo Administrativo San Caetano, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe EP4, prioridade 4c.

missing image file

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

c) Número do expediente: 2018-SESE 02-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=224310

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo consistente na dirección de obra relativa ás obras de restauración e mellora da envolvente térmica dos edificios do Complexo Administrativo San Caetano.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 71200000-0. Servizos de arquitectura e servizos conexos, 71210000-3. Servizos de asesoramento en arquitectura, 71221000-3. Servizos de arquitectura para edificios.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 30 de novembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 85.945,58 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 78.132,35 €.

Importe total: 94.540,14 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 4 de abril de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 10 de abril de 2018.

c) Contratista: Novotec Consultores, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 60.552,57 €. Importe total: 73.268,61 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza