Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 2 de maio de 2018 Páx. 22906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 13 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, ao non ser posible realizala, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da xefatura territorial (tarxeta sanitaria), sita na rúa avenida de Zamora, 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación aos/ás interesados/as en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos/das interesados/as que as resolucións relacionadas no anexo non esgotan a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Ourense, 13 de abril de 2018

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 12976.

Interesada: Carvalho Esperança, Ana Isabel.

DNI/NIE /PAS: P30509619.

(Representante: Carvalho Infante, Sandra Soraia; NIF: Y5851294Q).

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Monte Penamá, nº 20, 1º A, 32005 Ourense.

Nº expediente: 12975.

Interesado: Carvalho Nunes Camilo, Diego.

DNI/NIE/PAS: P31574362.

(Representante: Carvalho Infante, Sandra Soraia; NIF: Y5851294Q).

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Monte Penamá, nº 20, 1º A, 32005 Ourense.