Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de abril de 2018 polo que se fai público o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D15.61307.

No 28 de febreiro de 2018 ditouse acordo de iniciación no expediente sancionador de referencia seguido contra Club de Campo As Mariñas, S.L. (t.m. Culleredo) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.e) da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

Intentada a notificación dos devanditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícase o acordo de incoación e o prego de cargos ao interesado, e fáiselle saber que unha copia deles está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince (15) días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2018

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia