Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de abril de 2018 pola que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/122/2011-B1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 8 de marzo de 2018, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 3 de agosto de 2012 e do 12 de maio de 2017, nas cales se declaran ilegalizables as obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar e unha construción auxiliar ao servizo dela, na rúa Cobas 33, no termo municipal de Monforte de Lemos, provincia de Lugo, por seren incompatibles co ordenamento xurídico vixente e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Domingo Antonio Castroseiros González e a María Dolores Sánchez Domínguez, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística