Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22449

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2018 pola que se procede á publicación da modificación orzamentaria da Orde do 13 de decembro de 2017 de actuacións en materia de arquivos.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a Orde do 13 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos para o ano 2018 (DOG do 19 de xaneiro de 2018).

«As axudas teñen unha contía total de 102.740 € que se distribúen nas seguintes aplicacións orzamentarias e contías:

– 10.20.432A.744.4 (universidades): 6.000 €.

– 10.20.432A.760.0 (entidades locais): 71.740 €.

– 10.20.432A.781.0 (entidades sen fin de lucro): 25.000 €.

Unha vez rematado o prazo de admisión de solicitudes, non se recibiu ningunha proposta das universidades galegas, polo que, segundo o artigo 5.6 da orde de convocatoria, se incrementa en 6.000 € a aplicación 10.20.432A.760.0 (entidades locais) por ser a aplicación co maior número de solicitudes recibidas nesta convocatoria».

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida Orde do 13 de decembro de 2017 para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria