Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de abril de 2018 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/59/2017-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren as persoas destinatarias ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 19 de marzo de 2018, ditou resolución pola cal se arquiva o expediente incoado polas obras executadas en solo rústico no lugar de Meiquiz-Leiro, no termo municipal de Rianxo, provincia da Coruña, toda vez que a legalidade urbanística vulnerada foi restituída.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Mª Dolores Somoza Moares e Domingo Bouza Lorenzo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística