Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de abril de 2018 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/104/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 12 de marzo de 2018, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico no lugar da Ponte-Santaia, no termo municipal de Curtis, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución aos herdeiros de Carmen López García, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estime pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ás persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística