Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Joligo e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
a) Antecedentes.
Primeiro. Mediante escrito do 22 de novembro de 2017, Carmen Fernández Aguín, solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Joligo.
Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.
b) Consideracións legais e técnicas.
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Carmen Fernández Aguín (35389282X) e Carmen Vidal Fernández (35428894Q) da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Joligo.
Situación:
Cuadrícula nº: 94.
Polígono: A.
Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 18.11.1972.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Actuais titulares: Jorge Vidal Brea (35387652J) e Carmen Fernández Aguín (35389282X).
Novas titulares: Carmen Fernández Aguín (35389282X) e Carmen Vidal Fernández (35428894Q).
As novas titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 16 de marzo de 2018
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo