Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2018 Páx. 22140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-PO-0869/2016-PPM.

Tentada sen éxito a notificación persoal de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona no anexo a resolución relativa o procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitou no seu día.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

O prazo para presentar alegacións será de 15 días que empezarán a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOE.

O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 881 99 71 77).

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2018

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0869/2016-PPM

Gustavo Lorenzo Lourido

76926603K

Audiencia por revogación

Rúa Sarmiento, 2-1º E, 36320 Redondela (Pontevedra)