Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2018 Páx. 22118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 13 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 45141873A/14/02/2018/2.1.E e un máis.

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense pola que se acorda a resolución dos expedientes sancionadores que se citan no anexo, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). A súa eficacia queda condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos 30 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio pubícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante a oficina de emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírtese aos interesados que, se non formulan alegacións en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 13 de abril de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: 45141873A/14/02/2018/2.1.E.

Nome: María Antonia López Portela.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da resolución: confirmar a proposta de resolución e impoñer a María Antonia López Portela, NIF 45141873A, a sanción de perda dun mes da prestación/subsidio de desemprego recoñecido.

Expediente: Y0569046V/08/02/2018/2.1.E.

Nome: Estefanny Lisse Robles Guzmán.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da resolución: confirmar a proposta de resolución e impoñer a Estefanny Lisse Robles Guzmán, NIF Y0569046V, a sanción de perda dun mes da prestación/subsidio de desemprego recoñecido.