Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2018 Páx. 22110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 3 de abril de 2018, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00016-O-2018 e dous máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-00016-O-2018 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmanse de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 3 de abril de 2018

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00016-O-2018

5468-CYM

Manuel Lombao Lombao

36030677G

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

2.10.2017; 19.19; A-55; 4,0

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-03794-S-2017

PO2168BB

Abdelkebir Mouiya Bounouara

78141300L

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

12.9.2017; 20.30; avda. Compostela, s/n

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-03865-O-2017

1883-BJG

Víctor Bello Magariños

52498563M

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

19.9.2017; 12.50; AP-9; 137,5

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros