Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2018 Páx. 21931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de abril de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, do inicio da tramitación dun expediente para a posible clasificación do monte Distriz-ampliación, concello de Monforte de Lemos (expediente 4/2017).

Perante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

Expediente: 4/2017.

Denominación: Distriz (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de Distriz.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 0,817 hectáreas.

Parcelas obxecto de clasificación e lindes:

Parcela que se vai clasificar

Linde

Polígono

Parcela

Parcela 378-polígono 76

Norte

76

9035 e 9028

Leste

76

9028 e 379

Sur

76

282

Oeste

76

377, 376, 375, 374, 372, 371, 370, 369, 368, 367, 380, 398, 397, 396, 395, 394, 399 e 401

En virtude do acordado polo Xurado na sesión do 15 de marzo de 2017 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme co disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (MVMC), por este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Lugo, 9 de abril de 2018

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo