Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2018 Páx. 21911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente VI-0000020144 e catro máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación de resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes, as resolucións ditadas no procedemento para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, sita na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non o facer así, se terán por notificadas.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 12 de febreiro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento

Nº de expediente

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A VI-000020144

Ojea Gándara, Manuel

(35513206X)

Declaración da caducidade e acordo de arquivamento

20.10.2017

BS210A VI-0000021157

Davila Troncoso, David

(35833221A)

Declaración da caducidade e acordo de arquivamento

5.10.2017

BS210A PO-000050607

Martínez Pérez, Mª Luz Divina

(76837043T)

Declaración da caducidade e acordo de arquivamento

25.9.2017

BS210A PO-000055324

Filgueira Rodríguez, Francisco

(35202602K)

Declaración da caducidade e acordo de arquivamento

11.9.2017

BS210A PO-000024171

Castro Carro, Francisco

(35427838H)

Aceptación da renuncia e acordo de

arquivamento

3.11.2017