Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2018 Páx. 21880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación LAT 220 kV subestación Serra das Penas/subestación Chantada (expediente 001/2007 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no BOE, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica denominada LAT 220 kV subestación Serra das Penas/subestación Chantada, que terá lugar na Casa do Concello de Chantada e na do Saviñao, como punto de reunión, segundo o calendario e os datos que se sinalan no anexo que se xunta.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 11 de abril de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 001/2007 AT.

Entidade beneficiaria: Enel Green Power España, S.L.U.

Denominación: LAT 220 kV subestación Serra das Penas/subestación Chantada.

Concello: O Saviñao.

Predio

Polígono

Parcela

Titular

Data do acto

Hora

313-A

86

194

José Rodríguez Gacio

2.5.2018

10.30

333

87

333

Esther Soaz Gómez

2.5.2018

11.00

349-2

87

395

Manuel Vázquez Rodríguez

2.5.2018

11.45

349-4

87

389

Esther Vázquez Rodríguez

3.5.2018

10.00

354

87

432

Esther Vázquez Rodríguez

3.5.2018

10.00

Concello: Chantada.

Predio

Polígono

Parcela

Titular

Data do acto

Hora

424

48

195

Sara Eiriz Bernárdez

8.5.2018

10.15

476

49

243

Celso Amador Delgado Fernández

10.5.2018

10.00

486

43

274

Javier Fernández López

10.5.2018

10.30