Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2018 Páx. 21808

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECIÓN DE ERROS. Extracto da Resolución do 5 de abril de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan, para o ano 2018, as axudas para a participación no programa Aventúrate con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas que residan no exterior (código de procedemento PR930B).

BDNS (Identif.): 394388.

Advertido un erro no extracto da citada orde, publicado no Diario Oficial de Galicia número 75, do 18 de abril de 2018, é necesario efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 20935 no punto quinto, onde di: «O prazo de presentación de solicitudes será de corenta (40) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte».