Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018 Páx. 21727

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador/a do Servizo de Atención Primaria de Redondela).

O Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo) regula os sistemas de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

En desenvolvemento do citado decreto, ditouse a Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co Decreto 46/2013, do 7 de marzo (DOG nº 54, do 18 de marzo), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, e en virtude das función e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), e da Orde de 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, un posto de persoal sanitario diplomado (coordinador/a de Servizo de Atención Primaria).

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no rexistro de entrada da Xestión Integrada de Vigo, sito na rúa García Barbón, 51, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo (rúa García Barbón, 51) así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Vigo, 22 de marzo de 2018

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

Coordinador/a do Servizo de Atención Primaria de Redondela.