De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente
PSC-CO-1328/2017-TRA e un máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, da Coruña, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.
A Coruña, 9 de abril de 2018
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña