Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización para transformar a gas natural a rede de GLP canalizado do núcleo urbano de Carballo (A Coruña) e a solicitude de autorización administrativa de peche da planta de GLP en Carballo (A Coruña), promovido pola empresa Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2017/20-0).

Para os efectos previstos no artigo 46bis.8 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Nedgia Galicia, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización para transformar a gas natural a rede de GLP canalizado do núcleo urbano de Carballo (A Coruña) e a solicitude de autorización administrativa de peche da planta de GLP en Carballo (A Coruña).

Descrición das instalacións:

Rede:

A rede de GLP existente pasará a subministrarse a través dunha conexión á planta de regasificación (obxecto doutro proxecto, expediente IN627A 2017/19-0), situada na parcela 5571916NH2857S0001GL no polígono industrial de Bértoa, Carballo, que alimentará a rede de gas natural MOP 3,5 bar, cun caudal de 824 m3(n)/h para os 2.576 usuarios de GLP que se transformará. A planta situarase na mesma parcela que o centro de almacenamento existente de GLP.

Desmantelamento da planta de GLP:

A instalación que se desmantelará está formada por tres depósitos de propano de 49,5 m3 de capacidade unitaria, en instalación aérea, situada na parcela 5571916NH2857S0001GL.

Subministro provisional:

Para realizar a transición de cambio de combustible será necesario instalar unha subministración provisional de GLP, mediante dous depósitos con vaporizador incorporado de 4,88 m3 de capacidade cada un. Os depósitos provisionais situaranse na parcela de referencia catastral 15019A047000670000IM, de 948 m2 de superficie, situada no Camiño Cemiterio Vello 89, ao sueste do núcleo urbano.

A rede de distribución de gas necesaria para facer chegar o propano dende a planta provisional de almacenamento ata a rede de distribución realizarase en PE 100, SDR 17,6/17, DN 90 e terá unha lonxitude de 262 m.

Concello: as solicitudes afectan o termo municipal de Carballo, na provincia da Coruña.

Orzamento: oitenta e cinco mil seiscentos cincuenta e sete euros con corenta céntimos (85.657,40 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, e examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Vicente Ferrer 2, 1º, 15008 A Coruña (Edificio Administrativo Xunta).

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas