De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A comparecencia efectuarase no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Ourense, 3 de abril de 2018
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-7/2018 RE.
Denunciado: Leonard Marin.
Acto notificado: acordo de incoación.
Expediente: OU-11/2018 RE.
Denunciado: Martín Martínez Pérez.
Acto notificado: acordo de incoación.
Expediente: OU-13/2018 RE.
Denunciados: Adrián Jiménez Jiménez/Alejandro Manzano Montoya.
Acto notificado: acordo de incoación.