Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21623

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Ourense

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2018 pola que se anuncia unha poxa de armas.

De conformidade co artigo 165 do vixente Regulamento de armas, as 10.00 horas do día 14 de maio de 2018, polo procedemento de prego pechado, procederase na Comandancia da Garda Civil de Ourense, rúa Bieito Amado, núm. 17, ao alleamento en poxa pública de 411 armas (escopetas, rifles, carabinas, pistolas e revólveres).

As citadas armas serán expostas ao público na citada Comandancia, desde o día 7 ao 11 de maio de 2018, das 9.00 ás 13.00 horas.

Ourense, 23 de marzo de 2018

Manuel Javier Novo Colldefors
Tenente coronel xefe da Comandancia de Ourense