Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21454

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio.

En sesión que tivo lugar o 13 de abril de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2017 (DOG núm. 227, do 29 de novembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, que o segundo exercicio terá lugar o día quince (15) de maio de 2018, na aula nº 7 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul. Os aspirantes serán provistos de calculadora polo tribunal e quedará prohibido o uso de calculadoras distintas daquelas que se lles faciliten.

En relación cos textos legais dos cales se poderán servir os aspirantes para o desenvolvemento do exercicio, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Así mesmo, estará expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, temarios, informes ou ditames de calquera tipo.

Durante o desenvolvemento do exercicio, os membros do tribunal e o persoal colaborador poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido no parágrafo anterior. O manexo de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión do aspirante.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2018

José Francisco Alonso Picón
Presidente do tribunal