Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 23 de marzo de 2018, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no proceso de segundas adxudicacións de Ferrol.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas no proceso de segundas adxudicacións de Ferrol iniciado por Resolución do 7 de novembro de 2018, que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer 2, andar 9, á sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 23 de marzo de 2018

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

Lorena Mª Allegue Varela

... 457M

Trámite de audiencia

Juan José Cortegoso Acuña

... 698C

Trámite de audiencia