Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de marzo de 2018 polo que se notifica a resolución de imposición dunha segunda multa coercitiva derivada do expediente sancionador DH.D36.16465.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas (en diante LPAC), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Elisa Santorum Calo a Resolución do 22 de xaneiro de 2018 pola que se impón unha segunda multa coercitiva e se reitera o apercibimento para o cumprimento da obriga de repor.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, ante o director de Augas de Galicia. No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

O importe da multa coercitiva deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, de recadación de multas e sancións, empregando o modelo que se facilitará nas dependencias desta entidade pública empresarial, na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2018

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia