Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21259

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2018 (SI435B, SI435A, SI427B).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2018, a través da Resolución do 29 de decembro de 2017 (DOG número 15, do 22 de xaneiro de 2018), subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade a través dos seguintes programas:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B).

b) Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (SI435A).

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (SI427B).

As partidas orzamentarias con cargo ás que se financian estas subvencións teñen un cofinanciamento do 80 % de fondos FSE, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

O artigo 10 da Resolución do 29 de decembro de 2017, que establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes, indica que a presentación das solicitudes se realizará obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Así mesmo, no artigo 11, determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria pola unidade administrativa encargada da tramitación e a instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 13 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, requirirase as entidades solicitantes para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, teranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, o parágrafo segundo do artigo 13.1 da Resolución do 29 de decembro de 2017 establece que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, do 1 de outubro, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Así mesmo, os requirimentos tamén se publicarán na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución (anexo: requirimentos de emenda de documentación, SI435B, SI435A, SI427B).

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución, de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se lles terá por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal ou dos teléfonos indicados no artigo 26 da resolución de convocatoria (conciliación: 981 54 53 12; prevención da violencia de xénero: 981 54 73 97; CIM: 981 54 53 69) ou presencialmente.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2018

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Requirimentos de emenda de documentación (SI435B, SI435A, SI427B)

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral

e familiar (SI435B 2018)

Nº expte.
SI435B

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2018/46

Concello de Cariño

P1509500C

1. Anexo I.1. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal). Indicar se se comprometen a colaborar coas actuacións da SXI.

2. Anexo II. Aclarar a contía solicitada.

3. Anexo III. Aclarar o número de participantes. Punto 1.2. O número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente a un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela.

2018/58

Concello de

Cangas

P3600800A

1. Anexo I.1. Aclarar o importe de cofinanciamento.

2018/65

Concello de

Bergondo

P1500800F

1. Anexo I.1 Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada.

2. Anexo II. Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada.

3. Anexo III. Aclarar o número de persoas participantes. Punto 1.2. Deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos e número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente a un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 5. En relación ao monitorado faltan as funcións, período de inicio e fin da contratación e número de horas dedicadas ao programa.

2018/69

Concello de Vedra

P1509000D

1. Anexo I.1. O total dos custos director de persoal non pode ser superior a 40.000 euros.

2. Anexo II. O total dos custos director de persoal non pode ser superior a 40.000 euros.

3. Anexo III. Punto 1.2. Deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos e número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente a un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 6. Aclarar a desagregación dos custos directos de persoal para cada unha das persoas contratadas para o desenvolvemento da actividade en relación ao anexo I e ao anexo II.

2018/73

Concello de Boiro

P1501100J

1. Anexo I.1. Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal).

2. Anexo II. Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal).

3. Anexo III. Punto 1.1. Contido da actividade. Punto 1.2. Deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos. Punto 3. Obxectivos e resultados. Punto 4. Medios materiais. Punto 5. Ampliar información do monitorado imputado: perfil, funcións, período de inicio e fin da contratación, así como o número de horas dedicadas ao programa. Punto 6. Cubrir a desagregación dos custos directos do persoal contratado que vai a realizar a medida. Punto 7. Actuacións ou actividades realizadas nos dous últimos anos.

2018/74

Concello de Vilardevós

P3209200I

1. Anexo I.1. Aclarar a contía solicitada.

2. Anexo II e anexo III.

2018/76

Concello de Viana do Bolo

P3208700I

1. Anexo I.1. Indicar o correo electrónico para os efectos da notificación.

2. Anexo III. Punto 1.2. Número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente a un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela.

2018/79

Concello de Aranga

P1500300G

1. Anexo I.1. Aclarar o importe total de custos directos de persoal e a contía solicitada.

2. Anexo II. Aclarar o importe total de custos directos de persoal e a contía solicitada.

3. Anexo III. Aclarar o número de participantes. Punto 1.2. Número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente a un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 5. Ampliar información do monitorado imputado: perfil, funcións, período de inicio e fin da contratación, así como o número de horas dedicadas ao programa.

2018/82

Concello de Guitiriz

P2702200C

1. Anexo III. Punto 2. Falta indicar a persoa responsable do Concello da medida solicitada (programa Concilia vacacións).

2018/87

Concello de Vilar de Santos

P3209100A

1. Anexo III. Aclarar o número de participantes. Punto 1.2. Número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente a un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela e deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos. Punto 2. Falta indicar a persoa responsable do Concello da medida solicitada. Punto 5. Ampliar información do monitorado imputado: perfil, funcións, período de inicio e fin da contratación, así como o número de horas dedicadas ao programa.

2018/88

Concello de Pontecesures

P3604400F

1. Anexo I.1. Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada

2. Anexo III. Punto 2. Falta indicar a persoa responsable do Concello da medida solicitada.

2018/91

Concello de Ribadumia

P3604600A

1. Anexo I.1. Indicar o nome da medida con respecto á que se atopa validada.

2. Anexo III. Punto 1.2. Deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos e o número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente a un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 2. Falta indicar a persoa responsable do Concello da medida solicitada. Punto 3. Obxectivos e resultados esperados. Punto 5. Ampliar información do monitorado imputado: perfil, funcións, período de inicio e fin da contratación, así como o número de horas dedicadas ao programa.

2018/94

Concello das Neves

P3603400G

1. Anexo I.1. Indicar se teñen concellería de Igualdade e se se compromete a colaborar coas actuacións da SXI.

2. Anexo III. Punto 1.2. Deben indicar o número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente a un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela.

2018/95

Concello de Ponte Caldelas

P3604300H

1. Anexo III. Punto 1.2. Deben indicar o sistema de selección preferente segundo os ingresos e o número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente a un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela.

2018/97

Concello de Avión

P3200500A

1. Anexo I.1. Aclarar a contía solicitada.

2. Anexo III. Punto 1.2 Deben indicar o número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente a un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela.

b) Programa de prevención e tratamento integral da violencia

de xénero (SI435A 2018)

Nº expte. SI435A

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2018/001

Concello do Valadouro

P2706300G

Procedemento SI435B. Achegar renuncia ao procedemento SI435A.

2018/002

Concello de Ourense

P3205500F

1. Anexo III. Aclarar o número de actividades ou actuacións. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a cal se solicita a subvención.

2. Anexo III.5. Medios persoais: indicar número de persoas (ou denominación dos postos), perfís, funcións, datas de inicio e fin da contratación.

3. Anexo III.6. Indicar persoa ou posto de traballo.

2018/004

Concello de Ortigueira

P1506200C

1. Anexo III.5. Indicar período de inicio e fin da contratación.

2. Anexo III.6. Cubrir os datos.

2018/005

Concello de Cambados

P3600600E

1. Anexo I.2. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos de persoal).

2. Anexo III.1.1. Cubrir os datos. Presentación segundo o artigo 10.2.

3. Anexo III.5. Aclaración do nº de horas do programa.

2018/007

Concello de Vigo

P3605700H

1. Anexo I.2. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos de persoal). Non coinciden coas indicadas nos anexos II e III.

2. Anexo II. Aclaración importes de custos directos de persoal e subvención solicitada. Non coinciden coas indicadas nos anexos I.2 e III.

3. Anexo III.6. Aclaración da desagregación dos custos directos de persoal. Non coincide coa indicado nos anexos I.2 e II.

2018/008

Mancomunidade Terra de Celanova

P8202502D

1. Anexo I.2. Aclarar a contía solicitada. Non coincide coas indicadas nos anexos II e III.

2. Anexo III. Aclarar o número de actividades ou actuacións. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a cal se solicita a subvención.

Aclaración do perfil das persoas participantes (art. 7.1.a).

2018/011

Concello de Coirós

P1502700F

1. Anexo III. Aclarar o número de actividades ou actuacións. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a cal se solicita a subvención.

2018/012

Concello de Ribadumia

P3604600A

1. Anexo I.2. Indicar contía solicitada de subvención.

2. Anexo III.1.2. Aclaración do perfil das persoas participantes (art. 7.1.a).

2018/013

Agrupación de Curtis, Vilasantar e Sobrado

P1503200F

1. Anexo III. Aclarar o número de actividades ou actuacións. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a cal se solicita a subvención.

2. Anexo III.1.2. Aclaración do perfil das persoas participantes (art. 7.1.a).

4. Anexo III.1.5. Medios persoais; indicar número de persoas (ou denominación dos postos), perfís, funcións, datas de inicio e fin da contratación.

2018/014

Concello de Muíños

P3205200C

1. Anexo I.2. Aclaración sobre os custos de persoal, importe de cofinanciamento e subvención solicitada.

2. Anexo III. Aclarar o número de actividades ou actuacións. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a cal se solicita a subvención.

Aclaración do perfil das persoas participantes (art. 7.1.a).

Anexo III.1.1, 1.2, 2, 3, 4 e 5. Non está cuberto. Presentación segundo o artigo 10.2.

3. Plan de Igualdade vixente. Non presentado.

2018/015

Concello de Cerdedo-Cotobade

P3600048G

1. Anexo III. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a cal se solicita a subvención.

2. Plan de Igualdade vixente. Non presentado

2018/016

Concello de Cangas

P3600800A

1. Anexo III. Aclarar o número de actividades ou actuacións. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a cal se solicita a subvención.

2. Anexo III.6. Non achega esta parte do anexo.

2018/017

Concello de Teo

1.Anexo II. Indicar a denominación da medida. Só poderá presentar solicitude de subvención para unha das medidas (art. 7.3).

2. Aclarar o número de actividades ou actuacións. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a que se solicita a subvención.

2018/019

Concello de Ames

P1500200I

1. Anexo I.2. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos de persoal).

2. Anexo II. Indicar a denominación da medida. Só poderá presentar solicitude de subvención para unha das medidas (art. 7.3).

3. Anexo III. Aclarar o número de actividades ou actuacións. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a cal se solicita a subvención.

4. Anexo III.1.1. Datas previstas de inicio e finalización.

5. Anexo III.1.5. Medios persoais; indicar número de persoas (ou denominación dos postos), perfís, funcións, datas de inicio e fin da contratación.

2018/020

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

P1500003G

1. Anexo III. Aclarar o número de actividades ou actuacións. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a cal se solicita a subvención.

2018/021

Concello de Ponteareas

P3604200J

1. Anexo II. Indicar a denominación da medida. Só poderá presentar solicitude de subvención para unha das medidas (art. 7.3).

2. Anexo III. Aclarar o número de actividades ou actuacións. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a cal se solicita a subvención.

2018/022

Concello de Marín

P3602600C

1. Anexo III.1.2. Aclaración do perfil das persoas participantes (art. 7.1.a).

2. Anexo III.5. Aclarar o número de horas dedicadas a medida para a que se solicita subvención segundo o perfil das persoas participantes.

3. Anexo III.6. Corrixir, se procede, o importe de custos de persoal segundo as horas dedicadas ao programa.

2018/023

Concello de Baiona

P3600300B

1. Anexo III.1.2. Indicar duración da actividade (datas de inicio e finalización).

2. Anexo III.5. Indicar data inicio e fin da contratación.

3. Anexo III.6. Actividades realizadas. Non se indican.

2018/024

Concello de Cambre

P1501700G

1. Anexo III. En todos os anexos por actividade falta o total dos custos (III.6) e as actividades de anos anteriores (III.7).

– Nunha das actividades falta:

– Descrición da actividade.

– Lugar de desenvolvemento.

– Nº de persoas participantes.

2. Plan de Igualdade vixente.

2018/025

Concello de Fene

P1503600G

1. Anexo I.2. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos de persoal).

2. Anexo II. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos de persoal).

3. Anexo III. Actividade grupos de apoio emocional: aclarar actuacións ou actividades e nº de participantes.

2018/026

Concello de Aranga

P1500300G

1. Anexo I.2. Aclarar a contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos de persoal).

2. Anexo III.1.1. Aclaración do perfil das persoas participantes (art. 7.1.a).

2018/027

Concello de Guitiriz

P2702200C

1. Anexo I.2. Aclaración sobre os custos de persoal e as contías solicitadas. O custo de persoal indicado nos anexos I.2 e III non coincide co indicado no anexo II.

2. Anexo III.7. Actividades realizadas: non figura o número de participantes.

2018/028

Concello de Pontevedra

P3603800H

1. Anexo I. Aclaración do custo persoal e da subvención solicitada.

2. Anexo II. Indicar a denominación da medida. Só poderá presentar solicitude de subvención para unha das medidas (art. 7.3).

3. Anexo III:

– Indicar o nº de persoas participantes.

– Aclarar o número de actividades ou actuacións. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a cal se solicita a subvención.

– Anexo III.1.2. Concreción de a quen vai dirixida a medida nos termos do artigo 7.1.a).

– Anexo III.1.1:

– Indicar metodoloxía, duración (datas de inicio e finalización) e horario.

– Aclaración do perfil das persoas participantes (art. 7.1.a).

– Anexo III.5. Medios persoais: numeración de persoas, perfil, funcións a realizar, períodos de inicio e fin da contratación, nº de horas dedicado ao programa.

2018/029

Concello de Meaño

P3602700A

1. Anexo I.2. Aclaración do importe de cofinanciamento e da subvención solicitada.

2. Anexo II. Aclaración do custo de persoal e da contía solicitada respecto ao anexo I.2.

3. Anexo III. Aclarar o número de actividades ou actuacións. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a cal se solicita a subvención.

5. Plan de Igualdade vixente. Non se achega.

2018/030

Agrupación de Soutomaior, Pazos de Borbén e Vilaboa

P3605300G

1. Anexo I.2. Aclaración do custo persoal e da subvención solicitada.

2. Anexo III. Aclarar o número de actividades ou actuacións. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a cal se solicita a subvención.

3. Anexo III.5. Período de inicio e fin da contratación.

2018/031

Concello de Cuntis

P3601500F

1. Anexo III:

– Aclaración da actividade a desenvolver e descrición da mesma. Deberá presentarse un anexo por cada actividade prevista no marco da medida para a cal se solicita a subvención.

– Indicar o lugar de desenvolvemento.

2. Anexo III.1.1. Indicar as datas previstas de realización e horario.

3. Anexo III.7. Indicar actuacións realizadas.

2018/032

Concello de Tomiño

P3605400E

1. Anexo III:

– Cubrir os datos. Presentación segundo o artigo 10.2.

– Aclaración do nome da medida/programa.

2018/034

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

1. Anexo I.2:

– Aclaración do importe de cofinanciamento e da subvención solicitada.

– Indicar se conta con concellería de igualdade.

– Indicar compromiso de colaborar coa Secretaría Xeral da Igualdade.

2. Anexo III.5. Indicar período de inicio e fin da contratación.

3. Plan de Igualdade vixente. No 3º Plan achegado non figura período de vixencia.

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (SI427B 2018)

Nº expte. SI427B

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2018/33-0

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

P1500003G

1. Anexo II (o presentado está sen asinar).

2. Memoria de aforro de custos (a presentada está sen asinar).

2018/56-0

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

1. Anexo II.

2. Anexo II bis.

3. Memoria de aforro de custos.

4. Aclaración ao número de horas e horario semanal da prestación do servizo de atención psicolóxica do CIM indicado no número 2 do anexo IV.1, xa que os datos non son coincidentes.

5. Acreditación de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2016 ao Consello de Contas de Galicia.

2018/74-0

Concello do Grove

P3602200B

1. Aclaración ao número de horas e horario semanal da prestación do servizo de atención psicolóxica do CIM, xa que tanto o indicado no apartado 2 do anexo IV.1 coma no escrito presentado o día 6.3.2018 son contraditorios.

2018/75-0

Concello de Pontevedra

P3603800H

1. Anexo II debidamente cuberto: no presentado as contías solicitadas non son correctas.

2. Anexos IV.2 correspondentes aos postos de traballo de atención psicolóxica e de asesoramento xurídico do CIM: debe presentar un anexo IV.2 por cada posto de traballo.