Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21316

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016.

Por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 8 de xuño de 2017 (DOG núm 111, do 13 de xuño), procedeuse ao nomeamento dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas distintas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área.

Na base sétima da Resolución do 22 de decembro de 2016, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Nomear, con efectos desde a data da presente Resolución, novos membros titulares dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas especialidades de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora e Medicina Nuclear, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016 (DOG núm 7, do 11 de xaneiro de 2017), nos termos que a continuación se indican:

– Especialidade de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora:

Secretario/a titular. Castro Seijas, Mercedes. Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa, en substitución de García Souto, Jorge. Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa.

– Especialidade de Medicina Nuclear:

Secretario/a titular. Montero Furelos, Mª José. Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa, en substitución de García Souto, Jorge. Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos